Hai días no colexio que quedan gardados para sempre na memoria, e hoxe foi un deles.
En 2.º de Primaria estivemos coidando con todo o cariño unha incubadora na aula, aprendendo sobre o ciclo da vida. Despois de varios días de impaciente espera, amor e moitos coidados, ¡os primeiros pitiños xa romperon a casca!. Ver a mirada de ilusión dos nenos e nenas, a súa ternura e o asombro ao darlle a benvida a estes pequenos animaliños recórdanos o marabillosa que é a infancia.
Non só aprenderon ciencia; aprenderon a coidar, a respectar e a emocionarse co milagre da natureza. Durante os vindeiros días, os nosos alumnos seguirán mimando e vendo crecer aos seus novos amiguiños antes de que marchen para o seu fogar definitivo. Grazas aos nosos pequenos grandes granxeiros por ensinarnos a mirar o mundo con tanta pureza e corazón. ¡Noraboa, 2.º de Primaria!


