Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria xa comezaron as súas primeiras sesións de robótica educativa con LEGO. Unha nova oportunidade para aprender dun xeito práctico, creativo e divertido.
Durante estas sesións, o alumnado terá que construír, programar, probar, equivocarse e volver intentalo, descubrindo que detrás de cada reto hai un novo desafío que resolver.
A través da robótica traballamos competencias como o pensamento lóxico, a creatividade, a resolución de problemas, a autonomía e o traballo en equipo, ao tempo que desenvolvemos a curiosidade e o gusto por aprender.
Porque cando as mans constrúen, a mente tamén aprende.
Comezamos esta aventura robótica con moitas ganas… e con moitas ideas por construír!




