Na aula de 1º de Educación Infantil vivimos unha experiencia moi divertida e chea de aprendizaxes. O outro día apareceu unha caixa moi chuli, con dous furados e moitas pelotas de cores. A curiosidade e a emoción non se fixeron esperar: entre risas e movemento, comezamos a perseguir as pelotas por toda a clase para devolvelas ao interior da caixa polos seus furadiños.
Con esta actividade tan lúdica e dinámica traballamos aspectos fundamentais no desenvolvemento dos pequenos, como a psicomotricidade grosa e a coordinación ollo-man. A través do xogo libre e a exploración, favorecemos o control corporal, a orientación espacial e a atención, elementos clave nas primeiras etapas da aprendizaxe.
Foi unha xornada chea de movemento, entusiasmo e moitas ganas de seguir descubrindo o mundo que nos rodea a través do xogo. Seguimos aprendendo, sempre xogando!



