Este 17 de maio, no Día das Letras Galegas, a Real Academia Galega rende homenaxe ás cantareiras, mulleres que conservaron a nosa tradición oral cantando coplas populares, moitas veces acompañadas da pandeireta.
A RAG escolleu sete figuras representativas desta tradición:
Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Manuela Lema, Teresa García, Prudencia e Asunción Garrido (Mens).
A pasada semana, puidemos coñecer máis sobre Adolfina e Rosa Casás grazas ao seu neto e afillado, Rafael Casás, quen compartiu emotivos recordos familiares.
Unha xornada para recoñecer a importancia destas mulleres na preservación da nosa cultura popular.

