Nas aulas de 1 ano, damos comezo ao outono cunha visita moi especial: o esquío Nin! 🐿️ Como cada ano, Nin chega para acompañarnos en novas aventuras e, desta vez, trouxo consigo o conto «¡El otoño ya está aquí!», de Albert Asensio, no que el mesmo é o protagonista.
Este conto serviu de punto de partida para introducir o outono aos máis pequenos, unha estación repleta de elementos naturais que lles permitirán xogar, manipular e explorar de diferentes maneiras. A través destas actividades, os nenos e nenas poderán coñecer mellor o seu contorno e desenvolver as súas habilidades sensoriais.
Para dar comezo a esta nova etapa, démoslle unha calorosa benvida a Nin, que agora se converteu no noso compañeiro de aventuras diarias. Todos os días, saudámolo e facemos con el a nosa asemblea, o que axuda a crear un ambiente de confianza e conexión no grupo.
Dende a escola, estamos encantados de seguir promovendo o xogo e a aprendizaxe a través de experiencias lúdicas e naturais, permitindo que os nenos descubran o mundo que os rodea mentres se divirten.
Se queredes ver máis imaxes podedes atopalas no blog da aula