Temos nova programación da man do conto «Colores» de Hervé Tullet. Este conto invítanos, dunha maneira moi divertida, a xogar e experimentar coas cores.
Unha das actividades é este experimento que fixemos nas nosas aulas.
Temos, por un lado, unha botella de auga e, polo outro trociños de papel crepé de cores. Que pasará cando metamos o papel na botella? E se a axitamos?
Quedamos sorprendidos co resultado!
E co resultado do noso experimento aproveitamos, outro día, a xogar na escuridade coa axuda das nosas lanternas. Transportamos dun lado ao outro as botellas, fixemos algunhas construccións con elas, achegamos a lanterna…