O outro día os pequenos de un ano atopamos a eiruga un pouco preocupada.
Resultou que tiña moooooita fame e non era capaz de atopar as froitas que quería porque estaban nunha caixa con moitas pelotas. Así que axudámola separándoas en diferentes caixas.
Recorrimos varias veces o cuberto, dunha punta a outra, para poder levar a cabo o noso cometido pero, entre todos, conseguímolo! A eiruga quedou moi, moi contenta.