Skip to content
Menu
Casa do Neno
  • Portada
  • Contacto
  • Información
  • Oferta educativa
  • Blogs
Casa do Neno

Classcraft

Posted on 18 de mayo de 2023

Co comezo do novo proxecto e do novo trimestre, tamén implica que temos cambios na plataforma de Classcraft.

Para os que non a coñezades, Classcraft é unha plataforma de gamificación que usamos todos os días na materia de Lingua Galega. Igual que na nosa aula, nesta plataforma tamén estamos agrupados de igual maneira.

Cada un de nós ten un personaxe, que podemos elexir entre 3 clases (guardiáns, magos e sanadores). Cada unha destas clases ten unhas características diferentes e unha serie diferente de poderes. Algúns destes poderes serven para curar ou protexer a un compañeiro/a, poder escoitar música mentres facemos unha actividade…

Así mesmo, cando imos acadando diferentes obxectivos ou temos uns comportamentos positivos na aula, conseguimos experiencia para subir de nivel aos nosos personaxes, conseguindo así desbloquear novos poderes, roupa, accesorios e incluso mascotas!

Pero tamén, igual que temos unha recompensa polas nosas boas accións, tamén podemos perder vida do noso personaxe cando non nos comportamos dunha maneira adecuada. 

Dentro do propio Classcraft, tamén utilizamos diferentes ferramentas como pode ser un medidor de volume, temos eventos que nos piden facer cousas como falar cun ton de piratas ou batallas de xefes que nos axudan a repasar cousas que xa traballaramos previamente na clase. 

Grazas a Classcraft, os nenos e nenas de 3º desfrutamos moito máis nas nosas clases de Lingua Galega e aprendemos dunha maneira máis lúdica.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ven que o pasamos configurando os nosos personaxes neste inicio de proxecto!

Personalización del aprendizaje

El alumno está llamado a liderar su propio proceso de aprendizaje. La metodología, el profesor, la organización... se actualizan y renuevan de manera que respondan a esa personalización de la experiencia de aprendizaje, que es el punto de mira esencial que intenta conducir toda la vida de nuestro centro educativo.

Globalidad e interdisciplinariedad

Tradicionalmente en la escuela vinimos parcelando y fragmentando mucho las tareas, los esfuerzos personales, las materias de trabajo... Nuestros alumnos del siglo XXI no aprenden de esta manera. Necesitan globalizar todos los esfuerzos y procesos que se desarrollan dentro de la escuela, haciendo que el aprendizaje sea único, conjunto, interdisciplinar, coordinado...

Aprendizaje basado en el pensamiento

Entendemos que todo el trabajo curricular y los distintos planes y programas que llevamos adelante están llamados a potenciar el desarrollo del pensamiento de los alumnos, con diferentes rutinas de pensamiento y estrategias de metacognición.

©2025 Casa do Neno | WordPress Theme: EcoCoded