Os máis pequenos da escola seguimos investigando sobre a primavera.
A simple vista no noso parque podemos ver o cambio nas árbores e plantas pero para poder mirar, tocar, ulir e manipular elementos desta estacion as profes prepararon unha provocación chea de flores e de cores.
Para aumentar as posibilidades de xogo incluiron palas, rastrillos, tubos de cartón, un par de macetas de metal e cartóns de ovos. Pasámolo xenial con esta provocación, tomando moita información cos nosos sentidos mentres xogamos libremente.