Sabedes en cantos reinos podemos clasificar os seres vivos? Os alumnos de 5º estanse facendo uns expertos do campo: Autótrofos ou heterótrofos, unicelulares ou pluricelulares, eucariotas ou procariotas…
Despois de facer un montón de rutinas coma o antes pensaba agora penso, as partes e o todo, 3,2,1 ponte, compara e contrasta… e comezar o noso proceso de indagación dos seres vivos, chega o momento de ir un paso máis adiante.
Hoxe comezamos a tarefa 2, que ten como eixo principal os animais. Como poden clasificarse? Podemos facelo en función da nutrición, da reprodución, da presencia ou non de esqueleto… Agárdannos un montón de rutinas novas coas que exprimir as nosas cabezas.