Comezamos a nosa programación en 2º de infantil (2 anos) «Unha eiruga moi larpeira»! Este conto vainos axudar a coñecer, coa axuda de Nim, a primavera e as froitas.
Unha das actividades que máis nos gustou, nestes primeiros días, foi este experimento.
Con papel de cociña as profes fixeron pequenas eirugas que prometeron que medrarían. Para que eso pasase só lles tiñamos que botar unhas pintas de auga.
Ademáis esperábanos outra sorpresa! Ao medrar puidemos ver que cada eiruga era dunha cor diferente!