Durante os días de entroido non todo era festa na escola. Cremos que é importante que o alumnado se achegue a cada unha das tradicións para coñecelas.
A semana pasada dentro das distintas actividades tivemos a oportunidade de desfrutar dunha charla cun auténtico cigarrón do entroido de Verín! Contounos un montón de cousas acerca das costumes que se fan durante a celebración deste, e cal era o papel que xogaban eles dentro deste festexo.
Os nenos quedaron abraiados pola cantidade de traballo que hai detrás deste tipo de traxes: a máscara, as xocas, os pantalóns… todo xunto chega a pesar ata 20 kilos!
Moitas grazas pola túa charla Andrés!