As persoas que nos seguen de preto xa saben que, dende fai tempo, os colexios diocesanos Casa do Neno e Seminario Menor A Asunción vimos dando pasos para ir pouco a pouco procurando puntos de encontro, para ir avanzando cara un proxecto educativo conxunto, no que a diocese de Santiago
poda ofertar un proxecto educativo completo, innovador e que dea resposta ás necesidades das familias e da sociedade do século XXI.
Somos dous centros irmáns, que percorreron camiños distintos, por separado, e que agora queremos unir forzas e potenciar unha oferta para a nosa contorna un proxecto educativo sólido, que abrangue todas as etapas educativas non universitarias.
O proceso leva xa tempo en marcha, pero agora acelera o paso coa posta en funcionamento dunha comisión pedagóxica, formada por profesores dos dous centros, para ir unificando todos os procesos educativos cotiáns (organización de espazos, metodoloxía de traballo por proxectos, ferramentas dixitais para usar no proceso educativo, proxectos pedagóxicos, planificación de actividades conxuntas, formación en común do profesorado, …).
Desta primeira reunión sairá xa a oferta educativa concreta de secundaria para os alumnos que este curso rematan a súa etapa en primaria, que pronto se presentará ás familias interesadas.
Os retos están aí diante. O camiño está aberto. Agora toca percorrelo, sentíndonos #XuntosEnCamiño