No Nadal un elemento típico que temos en case tódalas casas son os catálogos ou revistas de xoguetes.
Chaman moito a atención dos nenos e nenas polo seu contido variado e o seu colorido. Aproveitamos este recurso tan sinxelo para traballar o vocabulario e a psicomotricidade fina dunha forma lúdica.
Primeiro miramos os catálogos, sinalamos o que nos chama a atención e nomeamos, na medida do posible, o que vemos. Nunca un catálogo termina intacto polo que aproveitamos a rotura dalgunha páxina para facer trociños de papel , incentivando así o movemento da pinza nos dedos.
E despois toca a parte máis divertida desta actividade. Lanzamos os papeis polo aire, intentamos atrapalos e xogamos con eles ata fartarnos. Pero despois temos que recoller, eh!