Unha das actividades da nosa programación de Nadal é a provocación pedagóxica con elementos e adornos típicos do Nadal.
Xogan e manipulan libremente, fan trasvases, lanzan bolas, miran as luces e ata se «disfrazan». Falan entre eles, ensinan aos compañeiros e as profes todo o que atopan… pero o máis importante é que o disfrutan moito. Non queda nada no lugar no que estaba!. Se queredes ver máis fotos podedes atopalas no seu blog de aula.