O noso centro ten un estilo pedagóxico propio:
Ofrecemos unha educación integral, centrada no alumno.
Coidamos a atención á diversidade.
Facilitamos unha aprendizaxe cooperativa.
Establecemos programas de innovación educativa.
Fomentamos o desenvolvemento dunha conciencia crítica.
O noso centro valora o desenvolvemento das relacións interpersoais:
Existe interese por incrementar a comunicación entre os membros da comunidade educativa.
Procuramos que as relacións entre profesor e alumno sexan próximas.
Os profesores estamos dispoñibles para atender ás familias.
O noso centro ofrece un ensino de calidade:
Coidamos a formación permanente e actualización do profesorado.
Participamos e colaboramos en programas de innovación educativa.
Aproveitamos os medios técnicos que axudan na tarefa educativa, principalmente as novas tecnoloxías.
Fomentamos unha educación ética según os valores do evanxeo:
Procuramos unha formación relixiosa que propicie o diálogo fe-cultura.
Creamos un ambiente que posibilita celebrar a fe.
Entendemos que todas as actividades do centro teñen un sentido pastoral.