Aproveitando a chegada do nadal, hoxe os alumnos de Casa do Neno tivemos o pracer de disfrutar dun obradoiro sobre consumo impartido pola Escola Galega do Consumo. Durante ela aprendimos sobre as diferentes etiquetas que teñen os produtos e todos os controis de calidade e seguridade polos que pasan antes de poder entrar ó mercado.
Aproveitamos para reflexionar sobre como a publicidade inflúe na nosa necesidade de adquirir produtos, analizando se os precisamos realmente ou só os queremos por que o vimos anunciado ou vemos que algún compañeiro o ten.