Como podedes ver, en cuarto de primaria, seguimos avanzando no noso proxecto dentro desta semana tan curta a volta da ponte.
Desta vez, e poñendo en práctica os contidos aprendidos sobre as placas tectónicas adentrámonos nos TERREMOTOS.
Para saber un pouco máis sobre eles realizamos unha práctica na que tiñamos que construir os nosos propios edificios con tapóns de botellas sobre dúas placas tectónicas diferentes. Unha vez construidos, os membros dos grupos tiñan que realizar diferentes movementos converxentes, diverxentes e deslizantes para ver o que acontecía.
Aquí deixamos unhas cantas fotos para que vexades o noso traballo.