Estos días, en primeiro de primaria, tócanos falar de como podemos movernos polo mundo. Xa vimos que cos mapas podemos atopar cidades, pobos e moitas outras cousas… pero como podemos ir dun lado para outro?
Traballarremos estos aspectos con rutinas de pensamento, algo que nos fai activar o cerebro e axúdanos a pensar e adquirir conciencia crítica sobre un tema concreto.
Neste caso, o primeiro que fixemos foi unha chuvia de ideas, algo moi útil para expoñer que medios de transportes coñecemos.
Neste enlace poderedes vernos en acción Medios de transporte
A seguinte rutina de pensamento que fixemos e a das «Preguntas estrela», entre todos elaboramos unha serie de preguntas sobre medios de transportes e despois escollimos 2 ou 3 para poder buscar as respostas. Isto fíxo poñer toda a nosa atención no tema do que estabamos a falar.