Comezamos coas nosas sesións de psicomotricidade cunha actividade que invita ao movemento, xogar coas follas do outono.
Nim invitounos a escoitar o seu ruido e velas. Observar uns segundos e despois xa todo foi xogo e diversión.
Collemos, rachamos, lanzamos, ulimos, puxémolas de sombreiro… moitas posibilidades para un recurso natural, propio desta época do ano, que vemos tódolos días nas nosas rúas.